Os Vaos celebrará o 23 de maio as Festas na honra á Virxe do Carme 2026

A parroquia da Ribeira de Piquín prepara unha xornada con misa solemne, procesión, música tradicional, verbena e servizo de catering para os asistentes
Fogos artificiais
16 May 2026

A localidade dos Vaos, no concello da Ribeira de Piquín, celebrará o vindeiro sábado 23 de maio as tradicionais Festas na honra á Virxe do Carme 2026, unha cita marcada pola devoción relixiosa, a convivencia veciñal e a música popular.

O programa comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú. A celebración continuará durante toda a tarde e a noite con festa verbena e actuación musical a cargo de Carlos Araújo, solista e DJ, ademais dunha sesión dedicada á música tradicional.

A organización tamén ofrecerá servizo de catering para todas aquelas persoas que desexen comer no recinto festivo. O menú estará composto por xamón cocido, polbo e churrasco, cun prezo de 35 euros por persoa.

As persoas interesadas en reservar tickets poden contactar con Manolo no teléfono 630 217 035. Desde a organización animan á participación cunha mensaxe aberta a toda a veciñanza e visitantes: “Se queres vir, vén, faremos sitio para ti!”.

0.12372207641602