Os veciños de Piornedo e Vilarguite terán traída municipal de auga

LugoXa
Un convenio de colaboración entre o Concello de Cervantes e a Deputación de Lugo dotará de traída municipal de auga aos veciños e veciñas dos núcleos do Piornedo e Vilarguite cun investimento que supera os 90.
30 dic 2022

Un convenio de colaboración entre o Concello de Cervantes e a Deputación de Lugo dotará de traída municipal de auga aos veciños e veciñas dos núcleos do Piornedo e Vilarguite cun investimento que supera os 90.000€. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión da Xunta de Goberno.

Estes traballos están cofinanciados polo Concello, que achega preto de 5.000€, e permitirán mellorar os servizos da veciñanza cervantega. Vilarguite e Piornedo non contan con este servizo municipal, sendo na actualidade un abastecemento por conta dos residentes e que non reúne as condicións axeitadas. “As obras consisten na execución dunha captación e na súa condución ata o repartidor que servirá a auga ós depósitos existentes”, explicou a deputada.