Os veciños de San Román do Vicedo xuntáronse en torno a unha festa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Ago 2019

Este pasado fin de semana, concretamente, ao caer a tarde do sábado, a asociación de veciños de San Román do Vicedo organizou e desenvolveu unha xuntanza veciñal, o que supuxo unha oportunidade máis para xuntar á xente do pobo. 

A asociación de veciños aproveitou para servir un ágape e para finalizar, fixeron unha queimada que foi do agrado dos asistentes, comunican.

A velada estivo amenizada ademais e en todo momento pola Asociación Cultural Axóuxere de Roupar a través do programa Musiqueando da Deputación de Lugo. Para calqueira comunicado ao colectivo, só hai que escribir á seguinte dirección de correo electrónico, asociacionsanromanvicedo@gmail.com.

0.13542509078979