Os Xílgaros de Lugo abren as súas portas para achegar o folclore a novos participantes

LugoXa
A A.C. e Grupo Tradicional celebrará o sábado 5 de setembro unha xornada aberta para quen queira iniciarse ou retomar a súa actividade no mundo do folclore
Os-Xílgaros-de-Lugo
27 Aug 2026

A A.C. e Grupo Tradicional Os Xílgaros de Lugo celebrará o vindeiro sábado 5 de setembro unha Xornada de Portas Abertas, unha iniciativa coa que o grupo quere convidar a todas as persoas interesadas no folclore galego a coñecer a súa actividade e animarse a participar.

A proposta está especialmente dirixida a aquelas persoas que queiran iniciarse no mundo do folclore ou retomar unha afección que deixaron atrás, ofrecéndolles a oportunidade de achegarse ao grupo, coñecer o seu funcionamento e probar xunto aos seus integrantes.

As persoas que xa conten cun instrumento están convidadas a levalo consigo e participar, nun encontro pensado para compartir música, tradición e ganas de aprender nun ambiente aberto e participativo.

A Xornada de Portas Abertas terá lugar ás 20:00 horas no Colexio de Castelo (antiga Escola de Castelo).

Desde Os Xílgaros de Lugo animan a todas as persoas con interese pola música e o folclore tradicional a achegarse e descubrir de primeira man o traballo que desenvolve o grupo.

0.14732503890991