Os Xílgaros de Lugo xa teñen todo a punto para a Foliada do Magosto deste sábado

LugoXa
Desde a Asociación esperan unha gran acollida, xa que o ano pasado conseguiron xuntar a 350 persoas
foliada-magosto-os-xilgaros-2023-lugo
8 Nov 2024

Os Xílgaros de Lugo organizan unha nova convocatoria da Foliada Magosto na que confluirán, ademais da propia formación e membros da asociación, 8 grupos procedentes de distintos puntos da provincia para converter a cidade en capital da música tradicional o sábado 9 de novembro.

Os grupos Arume de Burela, Os do 21 do Vicedo, Fol do Raxal de Cervo, Grupo Río Miño dende Portomarín, Os Tarabelos do Saviñao, Os Tres Pés que veñen de Chantada e os locais A Volta do Agro e Nubeiro estarán nesta edición.

O programa comezará ás 19.00 horas na cafetería restaurante Yaldara coas actuacións de todos os inscritos e haberá sorteo de premios, que van dende un abre botellas con forma de nota musical, farrapos de la artesá para a gaita, baquetas de tamborileiro, pandeiretas coa súa funda ata o máis esperado: unha fin de semana para dúas persoas no Piornedo.

Despois, terá lugar a gran foliada aberta a todo aquel que queira unirse, e na que os grupos participantes tocarán A Muiñeira de Fermín.

Con todo, desde a Asociación esperan unha gran acollida, xa que o ano pasado conseguiron xuntar a 350 persoas e acabaron con 45 kg de castañas.

0.20520901679993