Óscar Fernández, novo presidente do Partido Popular de Cervantes

LugoXa
Óscar Fernández resultou elixido presidente do Partido Popular de Cervantes no congreso local que se celebrou este venres no Mesón Catro Ventos, por aclamación dos afiliados e afiliadas, que se incrementaron nun 85% dende a creación da xunta xestora local que preside dende fai menos dun ano.
PP Cervantes
PP Cervantes
18 Nov 2023

Óscar Fernández resultou elixido presidente do Partido Popular de Cervantes no congreso local que se celebrou este venres no Mesón Catro Ventos, por aclamación dos afiliados e afiliadas, que se incrementaron nun 85% dende a creación da xunta xestora local que preside dende fai menos dun ano.

Tamén asistiron membros da dirección provincial, como o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, o deputado no Congreso Francisco Conde, os deputados autonómicos Raquel Arias, Ramón Carballo e José Regueiro, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, e alcaldes e voceiros da zona.

Fernández comprometeuse a traballar da man dos afiliados e afiliadas aos que lles agradeceu o compromiso co Partido Popular e a mostra de confianza que depositaron no congreso local en todos os que forman parte da xunta directiva do PP Cervantes.

“Somos un equipo que está a traballar por Cervantes e os cervantegos en contacto directos cos veciños e veciñas e que seguirá traballando para darlles a coñecer o noso proxecto para o noso concello” porque “cremos en Cervantes: nas posibilidades do noso territorio e no esforzo dos nosos veciños por conservalo e crear novas oportunidades”, asegurou o presidente electo.

O popular, que é o voceiro do Grupo Municipal Popular, tivo palabras de agradecemento para “tódolos veciños que apoiaron a nosa candidatura nas pasadas eleccións municipais onde o PP incrementou nun concelleiro a súa representación na corporación do Concello de Cervantes”.

Nese sentido, afirmou que “os catro concelleiros continuaremos a trasladar ao Concello propostas positivas para os veciños e reclamando aquelas cuestións que os veciños demanden”.

0.15621876716614