Ourol contará con sistema de xeolocalización para emerxencias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol porá e marcha este ano o servizo de xeolocalización para vehículos de emexencia.
5 Mar 2020

O Concello de Ourol porá e marcha este ano o servizo de xeolocalización para vehículos de emexencia. Tres empresas presentaron, por invitación do Concello, as súas propostas para instalar este servizo no termo municipal. Nos próximos días adxudicarase e estímase que no prazo dun mes poderá estar listo.

Esta iniciativa, que se se está a implantar en numerosos concellos con dispersión de poboación, ten un orzamento de 7.000 euros.

"Este servizo é fundamental porque temos unha pobación moi dispersa e as indicacións non están moitas veces como deberían. Temos que ter en conta que os servizos de emerxencia teñen que chegar o antes posible, polo que cremos na súa necesidade", explica o alcalde, José Luis Pajón.

 

0.19929003715515