Ourol incentiva a natalidade cunha serie de axudas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ourol vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas anuais por nacemento de fillas no termo municipal para o ano 2020.
forestal
30 Xuño 2020

O Concello de Ourol vén de abrir o prazo de solicitude para as axudas anuais por nacemento de fillas no termo municipal para o ano 2020. A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar, contribuíndo desta maneira ó incremento da poboación no noso concello.

A contía da axuda por nacemento ou adpción de nena ou neno será de ata 600 euros para as solictudes no primeiro ano de vida do neno, de 480 no segundo e de 360 no terceiro. Será compatible con calquera outra axuda que se perciba por este motivo procedente doutras administracións.

As persoas beneficiarias serán conxuntamente os proxenitores ou adoptantes do fillo/filla, titulares do libro de familia, no que figure rexistrado o nacemento ou adopción. Se no libro de familia figurase un só proxenitor ou adoptante, será este o único beneficiario. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, será persoa beneficiaria o proxenitor que teña a custodia do fillo ou filla.

Para poder recibir estas axudas deberán estar empadroados no Concello cunha antiguidade de 9 meses e por un período mínimo dun ano despois de rematado o cobro das axudas.

Excepcionalmente, poderán presentar a solicitude durante este ano, aquelas familias con nenos/as nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e ata 1 mes despois da data de publicación destas bases no BOP.

O prazo de presentación das solicitudes, que deberá facerse no Concello, está xa aberto e poderán presentalas a partir do día seguinte ó nacemento do fillo/ a ou á resolución xudicial ou documento análogo constitutivo da adopción ou, neste último caso, da súa notificación ao solicitante e ata que o neno/a cumpra 3 anos de idade.

 

0.16216611862183