Ourol prepara un xantar para a IV Xuntanza Mulleres
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Feb 2020
Ourol acolle o 8 de marzo a IV Xuntanza Mulleres do Concello organizando un xantar-baile.
A xornada será no Centro social de Merille ás 14.00 horas e para participar é necesario mercar as entradas no departamento de servizos sociais do Concello.
O prazo para anotarse é ata o 4 de marzo e a inscrición é gratuíta para as mulleres empadroadas en Ourol e as foráneas deberán pagar 20 euros.