Outeiro acolle este sábado a I Mini BTT en Pena de Rodas
O Concello de Outeiro de Rei acollerá este sábado, 11 de setembro, a I Mini BTT Penas de Rodas, que dará comezo a partir das 10.00 horas. A proba, organizada baixo o regulamento da FGC atribúe puntos para o ránking Minibtt 2021.
O circuíto atópase situado na área recreativa de Penas de Rodas dentro dunha zona protexida motivo polo os clubs participantes e acompañantes deberán repectar a contorna e prégase que sexan especialmente coidadosos en relación aos residuos que se xeren e o seu depósito nos contedores habilitados a tal fin.
A competición establece diferentes categorías, infantil, alevín, principiantes, promesas e benxamíns, con percorridos de 2,41 quilómetros, 1,34, 0,96 e 0,43 con desniveis que van desde os 57 metros para infantil e alevín ata os 6 de cadetes.
Haberá tamén quendas masculinas e femininas en cada categoría establecéndose distintas quendas para correr.
Debido ás actuais condicións sanitarias pola pandemia, non se admitirá público neste evento.
O prazo de inscrición xa está aberto e remata o mércores 8 para federados a través do formulario que se atopa na web da FGC e os non federados a través do email: teambikeouteiroderei@outlook.es.
Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto con Marcos, Presidente do Club de Outeiro de Rei, no móbil 608 994 589.