Outeiro de Rei acollerá a Copa de España BTT XCO Rali GP Internacional XCO Penas de Rodas os días 16 e 17 de maio

Outeiro de Rei foi escenario este mércores, ás 11:30 horas, da presentación oficial da Copa de España BTT XCO Rali GP Internacional XCO Penas de Rodas, un evento que converterá o municipio lucense nun referente do ciclismo nacional durante os días 16 e 17 de maio.
O acto tivo lugar no complexo Casas da Fortaleza e contou coa presenza de representantes institucionais e da organización da proba, que destacaron a importancia desta competición para a promoción deportiva e turística da zona.
A cita, puntuable para a Copa de España BTT XCO e con categoría internacional UCI, reunirá no entorno natural de Penas de Rodas a algúns dos mellores especialistas nacionais e internacionais da disciplina de cross country olímpico (XCO).
A competición disputarase nun circuíto de aproximadamente 4,5 quilómetros deseñado na área recreativa de Penas de Rodas, que contará con zonas técnicas, rock gardens, saltos e tramos de alta esixencia física e técnica, ofrecendo un espectáculo deportivo de primeiro nivel.
A proba incluirá categorías elite, sub-23, júnior, cadete e máster, o que permitirá unha ampla participación de deportistas e consolidará tanto a Galicia como Outeiro de Rei dentro do calendario estatal do BTT XCO.