Outeiro de Rei acollerá o xoves unha parada de Rally the Globe con vehículos clásicos

LugoXa | TerraChaXa
Os participantes estacionarán os seus vehículos no aparcadoiro de Casas da Fortaleza entre as 11:05 e as 12:05 horas
rally-the-globe-outeiro
15 Sep 2026

Outeiro de Rei converterase este xoves, 17 de setembro, nunha das paradas de Rally the Globe, unha espectacular concentración de vehículos clásicos que percorrerá as rúas do municipio antes de realizar unha parada especial na localidade.

Tras completar o seu percorrido por Outeiro de Rei, os vehículos quedarán estacionados no aparcadoiro de Casas da Fortaleza entre as 11:05 e as 12:05 horas. Durante ese tempo, veciños e visitantes poderán achegarse para contemplar de preto os automóbiles clásicos participantes nesta cita.

O Concello de Outeiro de Rei aproveitará a ocasión para agasallar os participantes cun recordo do seu paso polo municipio.

A chegada de Rally the Globe supón unha oportunidade para que as persoas afeccionadas ao motor poidan desfrutar dunha xornada diferente e coñecer vehículos clásicos que forman parte da historia do automóbil e que marcaron toda unha época.

0.13267302513123