O documento, elaborado pola Faepac, ao amparo dunha subvención concedida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder 2014-2020, recolle todas as accións que, desde o Concello de Outeiro de Rei, se propoñen co obxectivo de reducir un 40% as emisións de gases de efecto invernadoiro ata o ano 2030, a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.
Así, o Paces de Outeiro de Rei busca orientar a actividade do Concello no exercicio das súas competencias propias cara a políticas tendentes á diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro e o establecemento da acción para a mitigación dos impactos do cambio climático. Dentro do proxecto de Outeiro están a realización de melloras no aislamento e gasto enerxético de edificios públicos, a mellora do alumeado e a creacións de carrís bici e rutas de sendeirismo, moitas destas accións xa realizadas.