Outeiro de Rei prepara unha nova edición da festa de Entroido o día 19
Un ano máis, con motivo do Entroido 2022, o Concello de Outeiro de Rei organiza o tradicional concurso de disfraces, que terá lugar o 19 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo trío D´NIKA .
Xa están á disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 16 de febreiro na Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso en horario de 17:00 h a 17:45 h.
A contía dos premios ascende a 2.230 euros con distinción para comparsas, parellas, individual e infantil con cuantías que oscilan entre os 500 e os 100 euros. Ademais, haberá premio especial para a comparsas de Outeiro de Rei (150 euros) e tres premios destacados do xurado a maiores de 100, 60 e 50 euros.
Os interesados en informarse poden facelo a través do teléfono 982 393 408 ou no correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org.