Outeiro de Rei terá a tradicional festa de Reis o día 5

TerraChaXa | LugoXa
Un ano máis, o Concello de Outeiro de Rei con motivo destas datas de Nadal, organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo as 17:00 horas coa actuación do Mago David no Salón de Actos da Casa da Cultura; ao seu remate, sobre as 18:15 h, terá lugar unha festa-merenda con roscóns e outras lambetadas, merenda á que están convidados todos os nenos e nenas do municipio e que se realizará no pavillón de deportes municipal.
30 Dec 2022

Posteriormente, sobre ás 19:00 horas, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente ao pavillón municipal que repartirán agasallos aos máis pequenos.

A tal fin, os pais e nais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fillos á Casa da Cultura (xunto ao colexio) a semana do 2 ao 5 de xaneiro en horario de oficina, e o mesmo xoves día 5 pola tarde de 16:30 h a 19:00 h ao pavillón para que lles sexan entregados polos Reis na mencionada festa.

0.11313414573669