Outeiro organiza unha charla e varias accións contra violencia de xénero
Dentro da campaña de sensibilización que realiza este ano o Concello de Outeiro de Rei con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, este xoves terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h a charla Prevención da violencia de xénero e da discriminación contra a muller, impartida pola sarxento da Garda Civil Ana Isabel Caleya Ortiz, formadora do Equipo do Plan Director da Garda Civil de Lugo especializada en temáticas de igualdade e violencia de xénero.
Paralelamente, estanse levando a cabo diferentes acción co obxectivo de sensibilizar e concienciar á poboación para evitar a lacra social que supón a violencia de xénero.
Tamén, igual que en anos anteriores, vanse repartir gratuitamente bolsas reutilizables conmemorativas desta data. As persoas interesadas poden solicitar a súa nas oficinas municipais do Concello este xoves e ata esgotar existencias. Este material tamén estará dispoñible para a súa recollida na Casa da Cultura e no Centro Médico. Nesta distribución colaboran tamén os establecementos comerciais Supermercado Claudio, Farmacia Fernando Penas y Marta Puente, Panadería Ousá e Farmacia Cortizas.
Igualmente, repartiranse a través de nenos e nenas usuarios da Escola Infantil Municipal e do servizo de Conciliación Familiar.
Estas accións están financiadas polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e polo propio Concello de Outeiro de Rei coa salvedade da charla que está financiada polo Ministerio do Interior.