Pablo López Varela ofrecerá unha exhibición de xadrez simultáneo no Museo Provincial de Lugo

LugoXa
A actividade, organizada pola Escola Luguesa de Xadrez o sábado 3 de outubro, enmárcase no proxecto "Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo" e será gratuíta e aberta á cidadanía
xadrez-na-rúa--Lugo
2 Oct 2026

O claustro do Museo Provincial de Lugo acollerá o sábado 3 de outubro, ás 17.00 horas, unha exhibición de partidas simultáneas a cargo do mestre FIDE Pablo López Varela. A iniciativa, organizada pola Escola Luguesa de Xadrez, busca achegar este deporte á cidadanía e dinamizar os espazos públicos e culturais da cidade.

A actividade enmárcase no proxecto "Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo", financiado pola Xunta de Galicia e Xacobeo 27, coa colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Lugo e a propia Escola Luguesa de Xadrez.

A proposta permitirá ás persoas afeccionadas participar nunha experiencia de xadrez simultáneo nun espazo de especial valor histórico e patrimonial, como é o claustro do Museo Provincial, situado no antigo convento de San Francisco.

A participación será totalmente gratuíta e estará aberta a toda a cidadanía, cun máximo de 15 taboleiros por quenda, ata completar a capacidade dispoñible. A iniciativa pretende fomentar o interese polo xadrez e promover a convivencia a través dunha actividade que combina deporte, cultura e divulgación.

0.16691184043884