Pablo Portela Fernández toma posesión como novo secretario xeral do Concello de Lugo

Pablo Portela Fernández tomou posesión este venres como novo secretario xeral do Concello de Lugo nun acto celebrado no despacho de Alcaldía, onde se formalizou a súa incorporación á administración municipal lucense.
O novo secretario xeral chega ao cargo cunha ampla experiencia profesional como secretario de categoría superior. Ao longo da súa traxectoria desempeñou esta responsabilidade en diferentes administracións locais, entre elas os concellos de Guitiriz, Gondomar e Tui, unha experiencia que agora porá ao servizo da institución municipal de Lugo.
Durante o acto, a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, deulle a benvida en nome de toda a Corporación municipal e trasladoulle os seus mellores desexos nesta nova etapa profesional.
A rexedora expresou tamén a súa confianza en que a experiencia e coñecementos de Portela Fernández contribúan ao correcto funcionamento da institución municipal e ao obxectivo compartido de continuar prestando un servizo público de calidade á cidadanía.