Palas celebra o Entroido os días 20 e 21 de febreiro
LugoXa
O Concello de Palas de Rei organiza a festa do Entroido os días 20 e 21 de febreiro, unha para neno e outra para adultos
11 Feb 2023
O Concello de Palas de Rei celebra as festas do Entroido os días 20 e 21 de febreiro.
O luns as celebracións darán comezo ás 16.30 cun Entroido infantil que contará con inchables na praza do Concello para continuar ás 18.00 cunha merenda.
O martes 21 de febreiro o desfile dará comezo ás 18.30 e contará con tres categorías. A primeira individual con tres premios de 100, 45 e 25 euros, a segunda de grupos ata cinco persoas onde os premios serán de 150, 60, e 30 euros e a terceira de grupos de máis de cinco persoas con premios de 300, 130 e 80. Ademais haberá único premio á orixinalidade cunha contía de 200 euros.
Durante o martes 21 todos os asistentes poderá desfrutar de música en directo.