Palas de Rei acolle o I Torneo de mus Camiño de Santiago

LugoXa
A asociación Lugo Museiros organiza o I Torneo de mus Camiño de Santiago en Palas de Rei o vindeiro sábado 25 de marzo.
Torneo Mus
Torneo Mus
24 mar 2023

A asociación Lugo Museiros organiza o I Torneo de mus Camiño de Santiago en Palas de Rei o vindeiro sábado 25 de marzo. 

O torneo celebrarase no Centro Comarcal da Ulloa e dará comezo ás 9.30 co reparto de acreditacións para continuar ás 9.45 coa benvida. 

Ás 10.00 será o primeiro inicio de rondas, cunha parada ás 14.00 para comer e continuar ás 16.00. 

O inicio das rondas B terá lugar ás 16.30 e as finais celebraranse ás 21.00. O sistema de xogo será un torneo a nove rondas segundo a normativa Fegamus. 

Entre o listado de premios está unha estancia no hotel balneario de Pambre, un premio gastronómico na Parada das Bestas ou lotes produtos autóctonos da comarca da Ulloa. 

Os tres primeiros clasificados contará cunha praza no VI Campionato Galego de Mus con hotel incluido. 

Torneo Mus Palas