Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal
LugoXa
Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro.
22 Out 2021
Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro.
Engloba diversas representacións programadas para as fins de semana, nas que se podrán ver a grupos galegos, socios de Feteagal, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur.
Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. Estes espectáculos teatrais levaranse a cabo na casa de cultura de Palas de Rei, e poderase desfrutar deles cunha entrada simbólica que será de 2 euros.
PROGRAMACIÓN
- 31 de outubro ás 18:00h – Metátese Teatro – “Detrás das máscaras”.
- 6 de novembro ás 20:00h – Oreteiro Teatro – Dúas pezas de microteatro.
- 13 de novembro ás 20:00h – Cía Noite Bohemia - La casa de Bernarda Alba.
- 20 de novembro ás 20:00h – La Locandiera (Madrid) – El coleccionista de Mariposas.
- 4 de decembro ás 20:00h – The-Sastre Teatro – Neve en Outono.
- 22 de xaneiro de 2022 ás 20:00h - Teatro Kumen (Asturias) – La comedia de las mentiras.
- 23 de xaneiro de 2022 ás 20:00h – Delatoute Prod. – Mi Gran Mansión.