Palas de Rei acolle xornadas gastronómicas do 5 ao 8 de febreiro

Este xoves, 5 de febreiro, arrancan en Palas de Rei as xornadas gastronómicas que se prolongarán ata o domingo, 8 de febreiro.
Participan nos eventos os establecementos hostaleiros A Eira, A Reloxería e Casa do Outeiro, que convidan a veciños e visitantes a desfrutar das súas propostas de inverno.
Cada local ofrecerá entre tres e catro racións distintas, e propón acompañalas con botellas de viño que contarán cun desconto especial coa consumición dunha ración xunto á botella.