Palas de Rei acollerá o 25N a V Andaina contra a Violencia de Xénero
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 25 de Novembro, sábado, vaise a realizar a “V Andaina contra a Violencia de Xénero o Castelo de Pambre”, unha actividade colectiva na que se pretende mesturar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a nosa implicación e compromiso na loita contra o mesmo.
As persoas participantes saíran as 11:00 horas díante do Concello de Palas de Rei, en Avenida de Compostela, nº28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbian, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema do noso pobo e da Comarca da Ulloa, co lema “Non máis Violencia contra as Mulleres”, co que se pretende denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, tentarase amosar a nosa repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.
Dende o CIM de Palas, alentase á participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non so de Palas de Rei, senón que tamén doutros Concellos, a que se unan nesta Andaina reivindicativa, o día 25 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas, a inscrición é gratuíta. Os teléfonos de contacto son: Cim 982380003/Cultura 629 324 528. Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuíto que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, isto é, diante do Concello de Palas de Rei.
Este ano participa como socio colaborador desta Andaina o grupo empresarial Jim Sports, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero.