Palas de Rei ampliará o horario do servizo de madrugadores para favorecer a conciliación

LugoXa
O Concello estudará adiantar 30 minutos a apertura do servizo se existe demanda por parte das familias usuarias
madrugadores-Palas-de-Rei
19 May 2026

O Concello de Palas de Rei ampliará o horario do servizo de madrugadores co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias do municipio. A medida permitirá adiantar en 30 minutos o inicio da prestación polas mañás sempre que exista demanda por parte dos proxenitores.

A concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante, e a responsable do servizo, Rocío García, mantiveron unha reunión co alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, para abordar a ampliación desta prestación, que se desenvolve no Edificio Multiusos situado preto do colexio de Primaria.

Desde o Goberno local destacan a boa acollida que ten este servizo entre as familias do municipio, especialmente entre aquelas que precisan compatibilizar o coidado dos máis pequenos coas obrigas laborais diarias.

O rexedor palense tamén puxo en valor o esforzo económico realizado pola Xunta de Galicia, administración que financia o 75 % do custo desta actividade, considerada xa un servizo básico durante o período escolar.

0.11802816390991