Palas de Rei celebra as Festas do Ecce Homo cunha ampla programación do 11 ao 14 de setembro

LugoXa
As celebracións combinarán música, tradición, actividades culturais, actos relixiosos e propostas para todos os públicos durante catro xornadas festivas
Festas-patronais-Palas-de-Rei
2 Sep 2026

Palas de Rei xa ten preparada a programación das súas Festas do Ecce Homo 2026, que se desenvolverán do venres 11 ao luns 14 de setembro cun completo calendario de actividades que combinará tradición, música, cultura e celebración popular.

Os festexos arrancarán o venres 11 de setembro ás 17:30 horas, coa celebración do Festival de Danza Tradicional de Palacio do Rei, na Praza do Concello. Ás 19:30 horas terá lugar a tradicional Ruta de Cantos de Taberna. A música continuará pola noite, cun concerto da Murga de Palacio do Rei As Lagharteiras ás 22:30 horas, seguido, ás 23:00 horas, da verbena coa Orquestra La Fórmula e o DJ Maikstyle, na Praza de Galicia.

O sábado 12, a partir das 23:00 horas, a Praza de Galicia acollerá unha nova noite de verbena coa Orquestra Los Key e o Dúo Os Trasnos.

A programación continuará o domingo 13 cunha milla urbana, ás 11:30 horas, e a misa solemne, ás 13:00 horas. Ás 14:00 horas actuará a Banda de Música de Guntín na Praza do Concello. Xa pola tarde, ás 20:30 horas, será a quenda de Los Extraños Pasajeros, mentres que ás 23:00 horas a verbena correrá a cargo da Orquestra Fania Blanco Show.

O luns 14 de setembro, último día das festas, comezará ás 13:00 horas coa misa solemne, acompañada pola actuación da Coral Polifónica de Palas de Rei. Ás 17:00 horas celebrarase o Día do Neno, na Praza de Galicia. A xornada cultural continuará ás 19:30 horas na Casa da Cultura co espectáculo Dous Rombos, de Sergio Alba, e ás 20:30 horas, na Praza do Concello, co espectáculo O Camiño de Vieiras Amarelas, de Antonio Barros.

As Festas do Ecce Homo constitúen unha das citas máis destacadas do calendario festivo de Palas de Rei e son tamén un importante punto de encontro para a veciñanza e para todas aquelas persoas que se achegan ao municipio durante estas datas. A programación aposta por manter vivas as tradicións locais ao tempo que incorpora música, actividades culturais e propostas de lecer para diferentes idades.

0.15926885604858