Palas de Rei celebrará as festas patronais do Ecce Homo entre o 11 e o 14 de setembro

LugoXa
O municipio contará con orquestras, concertos, danza tradicional, cantos de taberna e actividades para nenos
Festas-patronais-Palas-de-Rei
20 Aug 2025

Palas de Rei xa ten todo preparado para vivir as súas festas patronais en honra ao Ecce Homo, que se desenvolverán do 11 ao 14 de setembro cunha programación chea de música e tradición.

Durante estes catro días haberá actuacións de grandes orquestras como París de Noia e Os Key, ademais de sesións con DJ e os xa clásicos Cantos de Taberna, nos que diferentes agrupacións percorrerán a hostalaría local para animar a festa.

A programación inclúe tamén o Festival de Danza Tradicional “Palacio do Rei”, que reunirá a varios grupos folclóricos, así como concertos de El Borrón e Pepe Piña. O domingo dedicarase aos máis pequenos cunha xornada infantil e un Festival de Folk-Rock a cargo de Keiman & Folcki.

Tamén participarán a Coral Polifónica de Palas de Rei e a Banda de Guntín, que completarán o cartel destas celebracións. A comisión organizadora lembra que os veciños dispoñen de prazo ata o 10 de setembro para ingresar as cotas correspondentes, mentres que empresas e comercios interesados en publicitarse no cartel das festas deberán comunicalo antes do 25 de agosto no Departamento de Cultura do Concello de Palas de Rei.

⚙ Configurar cookies
0.18196582794189