Palas de Rei celebrará o Entroido do 15 ao 17 de febreiro con actividades infantís e concurso de disfraces

LugoXa
A programación inclúe entroido infantil e un concurso de disfraces e comparsas cun aumento notable na contía dos premios
Entroido-Palas-de-Rei
Actualizada el 9 febrero 2026, 15:58 horas
2 Feb 2026

O Concello de Palas de Rei celebrará o Entroido 2026 cun programa de actividades que se desenvolverá ao longo de tres días, os domingos 15, luns 16 e martes 17 de febreiro, e que estará dirixido a públicos de todas as idades.

A programación arrancará o sábado 15 de febreiro cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Albert, que terá lugar ás 18.00 horas na Casa da Cultura, ofrecendo unha proposta de lecer para toda a familia.

O domingo 16 de febreiro estará dedicado aos máis pequenos coa celebración do Entroido Infantil. A partir das 16.30 horas haberá inchables no CEIP, e ás 18.00 horas celebrarase unha merenda para os nenos e nenas participantes.

O punto álxido chegará o luns 17 de febreiro co tradicional Concurso de Entroido. O desfile dará comezo ás 18.00 horas, mentres que a entrega de premios terá lugar ás 21.00 horas.

O certame contará con premios nas categorías de individual, grupos de ata cinco persoas, grupos e orixinalidade, con dotacións económicas que acadan os 800 euros no primeiro premio de grupos e os 450 euros na categoría de orixinalidade.

Unha das principais novidades desta edición é o incremento da partida económica destinada aos premios do concurso, que ascenderá a un total de 3.000 euros. Esta contía repartirase entre as distintas categorías co obxectivo de fomentar a participación e o carácter creativo do Entroido en Palas de Rei.

Desde o Concello de Palas de Rei anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar e gozar dun Entroido cheo de cor, creatividade e diversión.

0.19127106666565