Palas de Rei contará cunha nova pista multideporte

LugoXa
Palas de Rei contará cunha nova pista multideportiva anexa ás instalacións do Ceip Plurilingüe onde o Concello ven de adquirir unha parcela
Palas pista multideporte
Palas pista multideporte
1 dic 2022

Palas de Rei contará cunha nova pista multideportiva anexa ás instalacións do Ceip plurilingüe de Palas de Rei. O Concello ven de adquirir mas de 3.000 metros cadrados de terreno anexos as instalacións do Ceip para dotar dun novo espazo de lecer e infraestructuras que darán servizo aos máis novos do municipio.

A construción da pista multideportiva contará cun espazo pechado donde se podrá practicar tanto fútbol como baloncesto. “A pista estará dispoñible en horario lectivo para o alumnado do Ceip e xa fora do horario lectivo, para todos os veciños/as que desexan practicar a actividade deportiva, fora do horario escolar, así como, as fins de semana” decía rexedor palense, Pablo Taboada.

Dita actuación, conta coa subvención da Xunta de Galicia e enmárcase dentro do Plan da Consellería de Educación para dotar de pistas multideportivas ós diferentes concellos de Galicia. O Concello de Palas agarda ter a mediados de decembro rematadas as obras para poñela en funcionamento a volta das vacacións de nadal.