Palas de Rei habilitará un punto informativo sobre o colector marrón

O Concello de Palas de Rei instalará este mércores un punto informativo na Praza do Concello para explicar á veciñanza o funcionamento do colector marrón, destinado á recollida selectiva dos residuos orgánicos.
A iniciativa busca dar a coñecer este sistema e ofrecer información práctica sobre a súa utilización, ademais de resolver as preguntas que poidan xurdir arredor da separación dos restos orgánicos no fogar.
As persoas interesadas poderán achegarse ao punto informativo en horario de 10:00 a 13:00 horas para recibir orientación sobre como participar nesta recollida.
A través desta medida, preténdese fomentar a correcta xestión dos residuos domésticos e a súa transformación en compost natural, contribuíndo así ao aproveitamento da materia orgánica e á protección do medio ambiente.