Palas de Rei ofrece terreos á Xunta para construír 12 vivendas públicas

LugoXa
A parcela, conta con 610 metros cadrados, cunha edificabilidade do cen por cen e facilitaría a construción de 12 vivendas cos seus correspondentes garaxes
Pablo Taboada PP Palas
8 May 2025

O Concello de Palas de Rei enviará unha proposta á Xunta de Galicia para ofertar terreos para a construción de vivenda pública.

A proposta que será enviada na próxima semana incluirá un solar titularidade do Concello de Palas de Rei, calificado como solo urbano consolidado con diferentes posibilidades construtivas.

Neste sentido, o rexedor estudará coa Conselleira de Vivenda as diferentes modalidades de promoción tanto pública, ao cen por cen, como colaboracións publico-privadas, co obxetivo de crear máis vivenda no municipio.

A parcela, conta con 610 metros cadrados, cunha edificabilidade do cen por cen e facilitaría a construción de 12 vivendas cos seus correspondentes garaxes.

⚙ Configurar cookies
0.12477898597717