Palas de Rei pecha o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal

LugoXa
Palas de Rei clausura el 22 y 23 de enero el I Ciclo de Teatro Amador Feteagal que comenzó el domingo 31 de octubre.
PALAS de rei ciclo amador teatro
22 Xan 2022

Hoxe 22 de xaneiro e mañá 23 de xaneiro, Palas de Rei clausurará o Primeiro Ciclo de Teatro Amador Feteagal.

A programación deu comezou o pasado domingo, 31 de outubro e estendeuse ao longo de todos estes meses ata mañá domingo, 23 de xaneiro cando se porá fin.

Englobou diversas representacións programadas para as fins de semana, nas que se puideron ver a grupos galegos, socios de Feteagal, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur.

Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. Estes espectáculos teatrais leváronse a cabo na casa de cultura de Palas de Rei, e a entrada tiña un prezo simbólico de dous euros.

Para poñer fin a esta programación teatral hoxe 22 de xaneiro no Castelo de Pambre terá lugar ás 12.00 horas pases de microteatro a cargo dos grupos Metátese Teatro, Oreteiro Teatro, The Sastre Teatro e EsteTa. A xornada continuará ás 13.00 horas cunha mesa redonda “O pasado, presente e futuro do teatro amador con FeteoGal” e porase fin ás 20.00 horas coa representación na Casa de Cultura da obra “La comedia de las Mentiras” de la compañía asturiana Teatro Kumen.

Para finalizar, o 23 de xaneiro ás 17.30 horas terá lugar o acto de clausura e a entrega de trofeos e, ás 18.00 horas Metátese Teatro será o encargado de representar a última obra Coma un anano.

0.16006207466125