Palas de Rei recibirá apoio para rehabilitar o Mosteiro de Vilar de Donas

O Concello de Palas de Rei recibiu unha axuda da Consellería de Cultura para a redacción do Proxecto de Rehabilitación do Mosteiro de Vilar de Donas. O rexedor agradeceu ao conselleiro José Campos a sensibilidade amosada respecto a esta actuación, que busca recuperar un dos conxuntos patrimoniais máis emblemáticos da comarca.
Unha vez finalizado o proxecto, este será remitido aos organismos correspondentes para obter as autorizacións sectoriais necesarias, co obxectivo de presentalo á próxima convocatoria de Fondos do 2 % Cultural, xestionados polo Ministerio de Cultura. Esta actuación xa fora incluída polo Goberno de España no Plan Xacobeo 2021/2022 cunha asignación económica que, finalmente, non chegou a executarse.
O alcalde de Palas de Rei indicou que tamén se procurará financiamento adicional da Consellería de Cultura e da Deputación de Lugo para cubrir o resto do custe da rehabilitación, garantindo así a viabilidade do proxecto e a conservación deste importante patrimonio histórico.