Palimoquiños, de Lugo, gañou o premio Conde Santo do Certame de Teatro de Lourenzá

LugoXa | AMariñaXa
Palimoquiños, de Lugo, gañou o premio Conde Santo do Certame de Teatro de Lourenzá de 750 euros recaeu na obra E se todo se reducise ao amor
ENTREGA PREMIOS IV CERTAME TEATRO lourenza 2022
19 Dec 2022

Esta fin de semana tivo lugar no multiusos de Lourenzá, ateigado de público, a gala de entrega de premios do IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. O premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros, recaeu na obra E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo.

O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. O premio Ana, á mellor actriz, logrouno Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor posta en escena levouno a obra Fátum, de Catre Teatro, de As Pontes. O premio ao mellor actor de reparto recaeu en Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor actriz de reparto estivo compartido polas actrices de Catre Teatro Mª José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele. E, por último, o premio especial do público foi para a obra Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro. Os trofeos que recibiron os premiados foron obra da Fundación Eu Son, de Burela.

Previo á entrega de premios o grupo Teatro Baixo da Area representou, cunha espectacular montaxe, a obra Poeta en Nova York, baseada en poemas de García Lorca.

0.092523097991943