París de Noia, Olympus e Los Players estarán nas festas do San Miguel de Monterroso

LugoXa
Monterroso prepara as súas Festas de San Miguel 2024, das máis agardadas do mes de setembro
Orquestra_Paris_de_Noia
6 sep 2024

Monterroso prepara as súas Festas de San Miguel 2024, das máis agardadas do mes de setembro. O concello celebrará a súa romaría os días 27, 28, 29 e 30 de setembro cun cartel cargado de música e actividades para todos os públicos. O venres 27 comezan co pregón a partir das 21.00 horas na Casa do Concello, seguido da actuación do dúo Trasnos ás 22.30 horas.

O 28, Día do Neno, comezan con pasacalles a cargo da asociación cultural Falcatrueiros, seguida de misa solemne dende as 12.00 horas e procesión e actuación da banda de música de Antas de Ulla. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, haberá inchables de balde no Espazo Lorenzo Varela e logo, xa ás 19.00 horas, unha ruta de bares con animación.

Ás 20.00 horas volverá actuar a banda de música de Antas de Ulla, seguida da actuación de Aixa Romay dende as 22.30 e de verbena co grupo Orige. Ademais, terá lugar unha sesión de fogos de artificio. O domingo haberá pasacalles coa banda de música de Vissantoña que tamén actuará despois da misa solemne. Pola tarde, dende as 18.00 horas actuará a escola Gold Dance na Cúpula.

A partir das 22.30 horas o dúo Sonidos amenizará a xornada seguida da actuación da orquestra París de Noia. O luns 30 despiden as súas patronais con misa solemne e verbena dende as 22.30 horas da man de Los Players. Desde a Asociación de Festas piden a colaboración dos veciños e veciñas para levalas a cabo.

 

san miguel monterroso
0.094319105148315