Patricia Otero di que Alcoa non pode darlle as costas aos centos de traballadores

TerraChaXa | LugoXa
A secretaria provincial de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero dixo hoxe que Alcoa “non pode dar as costas a centos de traballadores, ás súas familias e a unha comarca enteira que durante máis de dúas décadas obtivo, ano tras ano, importantes beneficios e inxentes recursos públicos”.
68711620_658765954636500_9174981731252436992_n
24 Sep 2020

A secretaria provincial de Lugo e deputada autonómica, Patricia Otero dixo hoxe que Alcoa “non pode dar as costas a centos de traballadores, ás súas familias e a unha comarca enteira que durante máis de dúas décadas obtivo, ano tras ano, importantes beneficios e inxentes recursos públicos”.

A dirixente socialista remarca que “nestes intres a empresa Alcoa ten sobre a mesa unha proposta para acadar un posible acordo, e o Goberno de España que como xa demostrou,  está comprometido con esta solución”.

Otero sinala que neste escenario “a obrigación de Alcoa é escoitar a voz dos traballadores, das administracións, tanto a central como a autonómica, a dos Concellos, e por suposto a de toda a Mariña enteira para lograr a venda da factoría de San Cibrao a Liberty. Non hai coartada para Alcoa. Acabáronse as escusas”, insistiu.

Nesa liña remcara que “este é o momento da responsabilidade para Alcoa. Esixímoslle que este á altura do momento e materialice dunha vez por todas a venda da factoría. Non pode traizoar a confianza e a xenerosidade que lle deu a nosa terra”, advertiu.

A Deputada Autonómica afirma que “o Goberno Central está deixandose a pel para facer posible a venda, e dar paso a un proxecto industrial pioneiro que garanta o futuro da factoría e de todos os postos de traballo na Mariña. A solución imponse, porque Alcoa carece xa de escusas. A venda é a solución”.

Desviar a atención non favorece aos intereses dos traballadores

E inisitiu na súa argumentación “non hai outro camiño e calquera intento político, por parte de calquera partido, de desviar a atención, sería unha irresponsabilidade que non favorece aos intereses dos traballadores e da nosa comarca. Hai quen se empeñou , durante meses, en facer desta crise unha arma política contra o Goberno Central. Pero como podemos constatar agora, quedaron en evidencia”, replicou.

Otero explica que “o Executivo Central sempre estivo ao carón dos traballadores, de xeito discreto, sumando forzas cos sindicatos, e traballou a reo con tódolos seus recursos, para acadar unha solución na fabrica de San Cibrao”.

O domingo en Xove

Por último dixo “os socialistas apostamos desde o primeiro momento pola venda como solución, apoiámola e confiamos en que finalmente se abra paso. E por suposto este domingo estaremos en Xove, apoiando aos traballadores”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17371201515198