Patrimonio Ancares pide que se corrixa un erro na procedencia dun miliario de Lugo

LugoXa
Patrimonio Ancares denuncia que un miliario da provincia de Lugo está mal documentado nun museo de Astorga
Portada milario romano
Portada milario romano
14 mar 2023

Dende o Colectivo Patrimonio Ancares denuncian que existe un miliario romano da provincia de Lugo que actualmente se atopa mal documentado nun museo de Astorga.

O Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense de xaneiro febreiro de 1912, recolle un artigo titulado Nuevo miliario romano, escrito polo sacerdote e historiador Marcelo Macías, nel o autor escribe que o milario apareceu cerca de Rábade, nunha finca de Victoriano Sánchez Latas sen embargo na edición de maio-xuño de 1912 do mesmo boletín o propio Marcelo Macías aclara que esta peza non apareceu en Rábade, senón en San Romao da Retorta, no concello de Guntín de Pallares.

"O miliario foi levado, como outras pezas procedentes de Galicia, para o coñecido como Museo epigráfico y lapidario que hoxe é  Museo de los Caminos, inaugurado no 1913, situado nun edificio do Bispado de Astorga e exposto, tal como se ve nunha foto do ano 1920, máis ou menos no lugar que ocupa na actualidade" declaran desde o colectivo.

Patrimonio Ancares informa que "quen visite o museo de Astorga, axiña se decata de que o impoñente miliario, de máis de 2,5 metros de alto, semella presidir a exposición e ao seu pé hai unha cartela onde se transcribe o texto epigráfico do século I d.C. dedicado ao emperador Calígula: "Caio César Augusto, bizneto do divino Augusto. Pontífice Máximo, investido tres veces da potestade tribunicia. Cónsul por terceira vez. Pai da Patria" e onde tamén se indica a procedencia, Rábade".

"É precisamente na procedencia do miliario onde está o erro" e añaden “a cartela que figura no Museo de los Caminos de Astorga non é correcta, ben porque non teñen constancia da corrección realizada no 1912 por Marcelo Macías, ou porque a errada procedencia tamén figuraba nalgún traballo publicado posteriormente".

Dende o colectivo ven necesario que “a cartela que figura ao pé do miliario debe ser correcta xa que polo este museo pasan miles de persoas ao ano que lle fan fotos ás pezas e logo divulgan unha información que non é real" e declaran que "xa lle enviamos ao museo un correo, coa documentación que o acredita, para que o corrixan” finalizan.

Milario Romano
Foto 4