Paula Alvarellos mantivo un encontro coa nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros

LugoXa
Durante o encontro, a rexedora destacou a función esencial deste colectivo para o bo funcionamento da administración local
Paula-Alvarellos-con-nova-directiva-do-Consello-Xeral-de-Secretarios,-Interventores-e-Tesoureiros-da-provincia
28 Out 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo un encontro na Casa do Concello coa nova directiva do Consello Xeral de Secretarios, Interventores e Tesoureiros, encabezada por José Antonio Mourelle Cillero como presidente, acompañado por Alejandro Maseda Mallo (vicepresidente), David Criado Taboada (secretario), Rosa Abelleira Fernández (interventora), Juan Hernando Rosa Ruiz (vogal-delegado), Sandra Díaz Álvarez (tesoureira) e Carolina Isabel Fernández (vogal-vicesecretaria).

Durante o encontro, a rexedora destacou a función esencial deste colectivo para o bo funcionamento da administración local e subliñou o seu compromiso para apoiar a súa labor na provincia: “O Consello representa o rigor e a transparencia imprescindibles nas administracións públicas; para nós, son socios clave na protección dos dereitos da cidadanía”.

Aproveitando a visita, o Consello Xeral fixo entrega a Alvarellos da súa insignia institucional como mostra da colaboración entre ambas entidades. A alcaldesa destacou tamén a relevancia histórica do Consello na modernización dos Concellos galegos: “O traballo destes profesionais non só fortalece a nosa xestión, senón que permite ofrecer aos veciños e veciñas servizos de calidade que melloran a súa vida día a día”.

0.2056839466095