Pedrafita acolle mañá unha xornada sobre xestión medioambiental en explotacións de vacún de carne
Unións Agrarias, en colaboración coa Deputación de Lugo, o Concello de Pedrafita do Cebreiro e a Asociación de Desenvolvemento Rural Odega celebra mañá sábado unha xornada sobre xestión medioambiental en explotacións de vacún de carne.
A sesión incluirá unha primeira ponencia sobre “A realidade da PAC para as explotacións de vacún de carne” a cargo de Fernando Miranda (Secretario General del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación); outra sobre o “Plan Estratéxico da Carne” que impartirá José Manuel Andrade (Director da Fundación Juana de Vega; e unha mesa redonda sobre “Perspecivas do sector bovino de carne” moderada por Félix Porto (Secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias-UPA) na que participarán José Ramón González Rodríguez (Responsable da Sectorial de Carne de Unións Agrarias-UPA e Vicepresidente IXPTG), Sonia Verdes (Veterinaria e Directora de Granxa Gayoso-Castro, Excma. Deputación de Lugo), e David Erice (Responsable de PAC do Gabinete Técnico de UPA) .
PROGRAMA
- 10:00 Apertura e recepción.
- 10:30 Inauguración na que intervén José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro.
- 11:00 Ponencia: “A realidade da PAC para as explotacións de vacún de carne”. Poñente: Fernando Miranda (Secretario Xeral do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación)
- 12:00 Descanso
- 12:30 h Mesa redonda: “Perspecivas do sector bovino de carne”. Modera Félix Porto (Secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias-UPA). Interveñen José Ramón González Rodríguez (Responsable da Sectorial de Carne de Unións Agrarias-UPA e Vicepresidente IXPTG), Sonia Verdes (Veterinaria e Directora de Granxa Gayoso-Castro, Deputación de Lugo) e David Erice (Responsable de PAC do Gabinete Técnico de UPA).
- 14:00 Clausura con Roberto García González (Secretario Xeral de Unións Agrarias-UPA) e José Tomé Roca (Presidente da Deputación de Lugo)
- 14:30 Acto degustación de Tenreira Galega Suprema