A Exposición de Gando Vacún de Pedrafita acolleu unha poxa de 3.000 euros por unha novela de Rubia Galega
O recinto feiral de Pedrafita do Cebreiro acolleu este domingo unha nova poxa de novelas de Raza Rubia Galega, impulsada polo Concello e a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Gallega (ACRUGA). Na cita, que reuniu a numeroso público, participaron o Alcalde da localidade, José Luis Raposo; a directora da Granxa Gayoso Castro da institución provincial, Sonia Verdes, e o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin.
A Deputación de Lugo presentou cinco exemplares procedentes da granxa de titularidade provincial a este certame, no que participaron gandeiros e gandeiras de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes, como León ou Asturias.
O prezo medio dos animais foi de 2.700 euros e o animal que obtivo o maior prezo foi vendido por 3.000 euros.