Penas visita o barrio da Ponte para planificar os traballos a executar os vindeiros meses

LugoXa
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o barrio da Ponte xunto con persoal técnico da concellería para planificar os traballos a executar pola concellería nos vindeiros meses.
concelleiro de Infraestruturas Urbanas no Barrio da Ponte de Lugo
13 Jan 2024

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o barrio da Ponte xunto con persoal técnico da concellería para planificar os traballos a executar pola concellería nos vindeiros meses.

Penas explicou que "realizamos ao longo do ano visitas ás diferentes zonas da cidade para poder coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza e poder organizar os recursos da concellería do mellor xeito posible".

Alexandre Penas destacou "o esofrzo" que a concellería de Infraestruturas realizou nos últimos anos para atender ás distintas zonas periurbanas de Lugo, e explicou que "barrios como as Gándaras ou galegos recibiron nestes anos unha serie de investimentos importantes que melloraron enormemente a calidade de vida da veciñanza, con actuacións tanto nas rúas e beirarrúas como renovando o alumeado público".

O edil de Infraestruturas animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer chegar as súas reclamacións ao Concello, e destacou que estas reclamacións, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

0.17359018325806