Piden a reparación do camiño de acceso ao Souto da Retorta

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O grupo municipal do PP de Viveiro reclama do Goberno local que dea as ordes oportunas para a reparación do camiño de acceso ao Souto da Retorta, onde se atopa o exemplar de eucalipto máis grande de Galicia.
Captura de pantalla 2020 01 09 a las 16.31.39
19 Out 2020

O grupo municipal do PP de Viveiro reclama do Goberno local que dea as ordes oportunas para a reparación do camiño de acceso ao Souto da Retorta, onde se atopa o exemplar de eucalipto máis grande de Galicia. Os populares sinalan que esta paraxe, tamén coñecida como o eucaliptal de Chavín, é unha das zonas do municipio que cada día recibe a máis visitantes.

O portavoz popular, Óscar Rodríguez, recorda á alcaldesa, María Loureiro, que “o Souto da Retorta, tamén coñecido como o eucaliptal de Chavín, é unha das paraxes máis visitadas do concello de Viveiro”. Destaca que “neste eucaliptal pódese ver o exemplar desta especie máis grande de Galicia; este espazo resulta moi atractivo, porque se poden contemplar máis de seiscentos exemplares e unha vexetación autóctona moi relevante”. No ano 2000 foi declarado espazo natural protexido baixo a figura de Monumento Natural. A Xunta aprobará en breve prazo o plan de conservación deste espazo.

Rodríguez sinala: “A cantidade de visitas que recibe o Souto da Retorta vai en aumento cada ano que pasa, sendo un dos principais atractivos do noso concello para os visitantes. Segundo o portal Tripadvisor sitúase no número dous das 18 cousas que hai que ver en Viveiro. O Souto da Retorta aparece de maneira significativa nos máis relevantes portais de Galicia, de España e de Europa, como é Caminando entre Senderos”.

Para os populares, segundo indica Rodríguez, “é necesario que o Concello acometa de maneira urxente o adecentamento do camiño de acceso, de Calvoso ao Souto da Retorta, que parte da estrada LU 161 e chega ao inicio de dito souto”.

0.1918568611145