Piornedo Anda organiza unha nova ruta este domingo

LugoXa
Piornedo Anda organiza unha ruta etnográfica para este domingo 28 de xaneiro, a ruta da pena da Moura cunha duración de tres horas
Piornedo anda ruta
27 Xan 2023

Piornedo Anda continúa coa súa programación de rutas de carácter etnográfico polos ancares e realiza unha nova proposta para este domingo.

O colectivo recorrerá a Ruta da Prinda e os participantes terán a saída ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, onde dará comezo o percorrido que será dunhas tres horas de duración.

As persoas interesadas en participar na actividade poden reservar praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 o 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de 5 euros por persoas e desde Piornedo Anda recomendan o uso de pantalón largo e botas.

0.21893501281738