Podoloxía, nas IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum
As Xornadas do Deporte Academia Imdecum regresan en 2020 co coidado do pé. O podólogo do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, o burelao Miguel Ángel Murias Carrasco, será o primeiro convidado nesta novena edición, aberta a todo o público, para falar sobre Os pés do deportista e a importancia da prevención de lesións; será o venres 12 de xuño, ás 19.00 horas.
Todos os interesados en participar xa poden rexistrarse no relatorio, nun ciclo que cambiar o tradicional escenario presencial do IES Monte Castelo pola plataforma Zoom.
Con máis de 15 anos de experiencia e especializado en cirurxía do pé e podoloxía deportiva, Miguel Murias atende as necesidades dos deportistas profesionais do club mariñán dende hai máis dunha década.
Entre os seus últimos traballos destacan o presentado en Moscova no Congreso Internacional de Cirurxía do Pé en Deportistas de Alta Competición (Universidade de Sechenov) cuxo traballo xunto ao vilagarciano Patricio Serqueira no curso pasado, compartindo palestra con eminencias da talla de Niek van Dyk.