Pol acollerá dúas obras do Circuíto de Teatro Afeccionado

TerraChaXa | LugoXa
O Circuíto de Teatro Afeccionado 2020 fará unha dobre parada en Pol a fin de semana do 19 e 20 de decembro.
festasmuimenta
8 Dec 2020

O Circuíto de Teatro Afeccionado 2020 fará unha dobre parada en Pol a fin de semana do 19 e 20 de decembro.

Así, o sábado 19, ás 18.00 horas poderá verse Detrás das máscaras, obra de Metátese Teatro, dentro do ciclo Táboas cheas de emoción.

A continuación, o domingo ás ás 19:00 horas, a Asociación Cultural Abrente, dentro do ciclo Gargalladas, representará a obra O aeroporto da Valiña"

As dúas obras de teatro terán lugar no centro sociocultural de Mosteiro-Pol con entrada de balde e aforo limitado respectando sempre as normas covid-19 de uso de máscara, distancia de seguridade e hixiene de mans.

0.18831396102905