Pol volverá acoller un campus multideporte durante o verán

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol, en colaboración coa APSX Sagrado Corazón e o club Emevé, organizan para os días 27, 28, 29 e 30 de xuño e 1 de xullo.
3 Jun 2022

O Concello de Pol, en colaboración coa APSX Sagrado Corazón e o club Emevé, organizan para os días 27, 28, 29 e 30 de xuño, así como 1 de xullo un campus de multideporte que se desenvolverá  na área deportiva de Mosteiro.

Este está dirixido para nenos nados entre o 2010 e 2016. O campus será de 10 a 19.30 horas con almorzo, comida e merenda incluídos, e haberá servizo de transporte gratuíto.

Serán cinco campus a celebrar de maneira simultánea, de fútbol, fútbol sala, pádel, básket e baile moderno e a maiores haberá actividades conxuntas como excursións, piscina, visitas de deportistas profesionais, tiro con arco ou uso e manexo de drons, entre outros. Todos os monitores son titulados nas súas disciplinas, e en tempo libre e socorrismo.

A inscrición ten un prezo de 100 euros, con desconto do 50% para os nenos empadroados en Pol, e 60% para irmáns. Coa inscrición entregarase aos nenos un pack con roupa deportiva que inclúe dúas camisetas, dous pantalóns e unha gorra.

A folla de inscrición deberá ser entregada ao responsable de deportes de cada colexio ou club ou enviala a multicampusaxsc@gmail.com antes do 10 de xuño.

Para máis información haberá que poñerse en contacto con Rubén ou Niky nos teléfonos 626 765 574 e 645 807 708, respectivamente.

0.18716716766357