Poñen en marcha unhas xornadas micolóxicas en Cervantes e Becerreá
A Deputación de Lugo abre o prazo de inscrición para as actividades gratuítas de lecer e educación ambiental que se desenvolverán durante o último trimestre de 2024 nas Reservas dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. As actividades están dirixidas tanto a adultos como a nenos e nenas e ofrecen máis de 290 prazas.
Deste xeito, ofrecen varias Xornadas Micolóxicas en diferentes centros educativos, como o CPI de Cervantes o 15 de novembro e o Centro Social de Becerreá o 23 de novembro, con 15 prazas cada unha. Por último, entre o 23 e o 27 de decembro, realizarase o taller infantil Tradición de Nadal nos Ancares, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos no Centro Social de Becerreá.
As persoas interesadas en participar nas actividades deben inscribirse nos teléfonos ou correos electrónicos facilitados pola Deputación de Lugo, dispoñibles tamén a través da súa web. Con esta programación, a Deputación busca promover hábitos saudables e fomentar o coñecemento e respecto polo medio ambiente nas zonas naturais da provincia.