Ponte de Neira contará cunha representación teatral este sábado

LugoXa
O local social de Cela, en Ponte de Neira, no concello de O Corgo, acollerá este sábado, 23 de setembro, unha representación teatral de Ubú Teatro.
mudanzas de ubu teatro portada
mudanzas de ubu teatro portada
22 sep 2023

O local social de Cela, en Ponte de Neira, no concello de O Corgo, acollerá este sábado, 23 de setembro, unha representación teatral de Ubú Teatro.

Trátase da peza Mudanzas, que poderá verse a partir das 21.00 horas con entrada de balde.

Esta representación inclúese no circuíto teatral organizado pola Deputación provincial na Área de Cultura, para a promoción tanto de grupos da provincia como para incentivar a cultura en todos os concellos.

mudanzas de ubu teatro
0.19488191604614