Ponte de Outeiro acolle este sábado a undécima edición da Festa da Troita

LugoXa | TerraChaXa
Ademais da música e da gastronomía, a festa contará cun Concurso de Pesca nas modalidades de lance, cebo e mosca
festa-da-troita-ponte-de-outeiro
6 Apr 2026

A localidade de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, acollerá este sábado 11 de abril, a 11ª edición da Festa da Troita, un evento gastronómico e festivo que reunirá a veciños e visitantes nunha xornada chea de actividades.

A celebración comezará ás 14:00 horas cunha sesión vermú, seguida dun xantar popular e unha sobremesa amenizada polo dúo EPO-K a partir das 18:00 horas. Pola noite, a partir das 22:30 horas, a festa continuará cunha verbena a cargo da orquestra Stereo e, ás 00:30 horas, a actuación de Eventec Cosmedeejay.

Ademais da música e da gastronomía, a festa contará cun Concurso de Pesca nas modalidades de lance, cebo e mosca. O venres 10 de abril terá lugar o sorteo de dorsais, mentres que o sábado será a competición, que comezará ás 07:30 horas coa concentración dos pescadores. O concurso desenvolverase entre as 09:00 e as 13:00 horas, seguido dun xantar de irmandade ás 15:00 horas. A entrega de trofeos será ás 17:30 horas, e para rematar, haberá xogos populares.

Para aqueles que desexen participar no xantar, o prezo é de 30 euros, mentres que os que queiran participar nas dúas cousas, o xantar e o concurso, o prezo é de 45 euros. As entradas están dispoñibles no Restaurante Cabuxo en Muimenta e na tenda de deportes A Chaira en Castro Ribeiras de Lea.

0.1322820186615