Ponte de Outeiro prepara tres días de festas na honra da Virxe da Portería con música, tradición e degustacións

LugoXa | TerraChaXa
A programación arrancará o venres ás 22.00 horas con pinchos populares e unha verbena cos DJ Alejandro Martínez e Cosme
festas-ponte-de-outeiro
6 Sep 2026

Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, celebrará os días 11, 12 e 13 de setembro as festas na honra da Virxe da Portería, cun amplo programa que combinará música, actividades relixiosas, verbenas e produtos gastronómicos galegos.

A programación arrancará o venres ás 22.00 horas con pinchos populares e unha verbena cos DJ Alejandro Martínez e Cosme.

O sábado, a xornada comezará ás 13.30 horas coa misa solemne e a procesión, acompañada polos músicos de Outeiro. A continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada polo grupo Punto Clave, e unha degustación gratuíta de mexillóns galegos. Pola noite, a partir das 23.00 horas, a festa continuará cunha verbena protagonizada por Punto Clave e Olympus.

O domingo 13 volverá estar marcado pola tradición relixiosa, cunha misa solemne ás 13.30 horas e procesión con Asubíos da Chaira, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Stereo. Durante a xornada tamén se ofrecerá unha degustación gratuíta de xamón de porco celta de Outeiro. Ás 19.30 horas haberá unha tarde de festa coa orquestra Stereo, que tamén será protagonista da programación musical.

A organización anuncia, ademais, máis sorpresas ao longo das celebracións e colchóns gratuítos para os máis cativos.

0.17025804519653