Pontón pide en Lugo un plan para mobilizar vivenda baleira

LugoXa
Pontón explicou na súa visita ao San Froilán que, aínda que é importante acelerar a construción de vivenda protexida, esta medida non vai ter “ningún efecto”
Ana-Pontón---San-Froilán
11 Oct 2024

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou en Lugo ao Goberno do PP que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira co obxectivo de destinala ao réxime de aluguer para que a mocidade e as familias con rendas baixas poidan acceder a unha vivenda en alugueiro “a un prezo que poidan pagar”. Pontón explicou dende Lugo, a onde se desprazou para asistir ás Festas do San Froilán que, aínda que é importante acelerar a construción de vivenda protexida, esta medida non vai ter “ningún efecto” no curto prazo para resolver un dos principais problemas do País e que tamén sofre a veciñanza lucense, que é o acceso á vivenda.

Por iso, insistiu en reclamarlle ao Executivo de Alfonso Rueda que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira que, ao estar xa construída, podería poñerse de maneira rápida xa en réxime de alugueiro para as rendas máis baixas e para a mocidade. “Cremos que esta é unha medida que tería un gran impacto positivo”, afondou a líder nacionalista, quen explicou que deste xeito se posibilitaría, primeiro, poñer a disposición da cidadanía moitos dos inmobles que xa están construídos e, en segundo lugar, que permitiría dar resposta moito máis rápida ao problema da vivenda que agardando á construción de vivenda pública “que ten unha tramitación moito máis lenta” e que, polo tanto, “no curto prazo non vai facerse realidade”.

Pontón advertiu da “importante responsabilidade” que ten a Xunta para frear o “descontrol” dos prezos da vivenda, un Goberno do PP que “non ten exercido as súas competencias” neste ámbito de actuación, o que exemplificou na propia capital lucense. “As últimas vivendas que se promoveron nesta cidade foron cun goberno do BNG e o Partido Popular o que fixo foi unha paralización total da promoción de vivenda pública en Lugo”, criticou, para recalcar a continuación a ausencia de políticas públicas neste ámbito, “pese a que a cidadanía vén sufrindo a falta de vivenda e un encarecemento dos prezos”. Por iso, considerou preciso que o Executivo de Rueda que non se quede nas promesas e tome medidas que realmente permitan frear a escalada de prezos.

San Froilán, cita inescusable na axenda

A líder nacionalista non quixo faltar ás Festas do San Froilán, nas que compartiu coa veciñanza tradicións tan asentadas como a visita ás casetas para degustar o clásico gastronómico do polbo á feira, tal e como fan miles de lucenses durante estes días. “Son para min unhas festas moi especiais, porque como sarriá, se algunha cita tiña moi claro na miña vida era vir todos os anos a desfrutar do San Froilán e é unha tradición que sigo facendo”, explicou para engadir que espera nos próximos días volver coa súa filla para que ela tamén continúe a tradición de ter esta celebración como unha referencia inescusable.

Por iso, animou non só aos veciños e veciñas de Lugo, senón aos de todo o País a achegarse a Lugo, “a apostar tamén polo interior de Galiza”, e coñecer unhas festas nas que van ter a mellor acollida e nas que aínda quedan xornadas para seguir desfrutando. De igual xeito, parabenizou a todas as persoas que fan posible un San Froilán do que tamén destacou a exposición que, aproveitando a celebración, permite a cidadanía e visitantes afondar un pouco máis na historia local, tal e como fixo ela mesma esta mañá.

Neste sentido, Pontón recoñeceu o traballo que neste sentido está facendo o BNG en Lugo, co tenente alcalde, Rubén Arroxo á cabeza, ao apostar no só por seguir mantendo a identidade das festas, senón por ser unha peza fundamental no traballo de dinamización da cidade de Lugo.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.090353012084961